Xuntos por un Internet máis seguro

O CPETIG únese ás accións de promoción dunha navegación segura por Internet para todos, posta en marcha pola OSI (Oficina de Seguridade do Internauta), con motivo da celebración do Día Internacional da Seguridade da Información. Esta campaña pretende inculcar a importancia da seguridade da información entre os usuarios de Internet, facéndolles chegar cuestións como a protección ante as ameazas ou formas de protexer a súa privacidade.”Gústanos Internet, por un internet seguro” e CPETIG queren unirse ao esforzo común de concienciar e ensinar a todos os internautas que entre todos podemos facer que a Rede en España se converta nun ámbito confiable. Para estar sempre ben informados en materia de seguridade, podes seguir á Oficina de seguridade do internauta nas principais redes sociais: facebook, tuenti, twitter e youtube.