A Xunta publica unha nota na que explicita a titulación de enxeñaría técnica para prazas de xestión de sistemas de informática

A Xunta de Galicia, atendendo a solicitude do CPETIG, publicou hoxe, a través do portal web da Dirección Xeral da Función Pública, unha nota aclarativa da convocatoria de prazas do subgrupo A2 da escala de xestión de sistemas de informática, coa que queda explícita a admisión da titulación de enxeñería técnica para optar ao proceso.

http://www.xunta.es/dxfp/Funcionarios/OPE2015/205F/Nota_Titulacion.pdf