A finalidade do Esquema Nacional de Seguridade é establecer as políticas de seguridade e protección de datos na utilización de medios electrónicos por parte das administracións públicas e constitúe os principios mínimos que estas deben cumprir para garantir unha axeitada protección da información que xestionan, sobre todo coa posta en marcha da administración electrónica
A xornada permitirá tanto aos responsables políticos das diferentes administracións galegas (entre elas, á Administración da Comunidade Autónoma e ás entidades locais), así como das áreas técnicas, organizativas e xurídicas, familiarizarse coas novas normativas, exixencias de cumprimento e as formas de responder á súa correcta aplicación, a través de sesións de formación específica, relatorios e mesa redonda con posterior debate e conclusións.
As xornadas teñen carácter gratuíto, sendo o aforo limitado, polo que os seus responsables pregan a confirmación de asistencia, indicando nome, apelidos, cargo ou posto, administración á que se pertence e lugar e data da xornada á que se ten pensado asistir por correo electrónico ou chamando á Oficina e-Concellos no teléfono: 981 957595
As datas e lugares de celebración son os seguintes:
- 12 de abril en Santiago de Compostela Salón de Actos da EGAP (Polígono das Fontiñas, Rua Madrid, 2-4)
- 15 de abril en A Coruña Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en A Coruña (Praza Luis Seoane, s/n)
- 25 de abril en Pontevedra Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra (Rúa Fernández Ladreda, 43)
- 26 de abril en Lugo Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo (Ronda da Muralla, 70)
- 28 de abril en Ourense Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Ourense (Avda. da Habana, 79)
- 3 de maio en Vigo Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. Rúa Concepción Arenal, 8
O programa das xornadas é o seguinte:
- 10:00 Recepción de asistentes e entrega documentación
- 10:30 Inauguración da Xornada
- Delegado/a Territorial ou Representante da Xunta de Galicia
- Representante da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
- 10:50 Importancia da Seguridade na Información nas Administracións Públicas
- Representante do INTECO
- 11:20 Obrigacións legais do ENS
- Representante do Bufete Garrigues
- 11:50 Pausa-Café
- 12:30 Requirimentos técnicos do ENS
- Milenka MacDowall, Consultora de Start Up S.L.
- 13:00 Charla-Coloquio
- Moderador, Jose María López Bourio, Presidente de AGESTIC
- Representante Xunta de Galicia/Deputación Provincial
- Representante Administración Local
- Empresa/s dedicada/s á Seguridade na Información
- Rogos e Preguntas
Interveñen:
- 13:45 Clausura da xornada
- Representante da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica