Xornadas de Scratch Day e Control Parental este sábado día 18 de octubre no Gaiás e en Tui, respectivamente

·         As actividades realizaranse pola mañá na Sala Eisenman da Cidade da Cultura e na aula da Rede CeMIT do Concello de Tui

·         Está liderada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025.- O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia continúa este sábado, día 18 de outubro, doblando as actividades de Scratch Day e Control Parental.

Concretamente, a derradeira sesión central do Scratch Day comezará ás 9.30 horas na sala Eisenman da Cidade da Cultura, mentres que a antepenúltima de Control Parental terá lugar ás 11:30 horas na Aula Cemit do Concello de Tui para achegar ás familias ferramentas e dinámicas para un mellor entendemento e achegamento ao uso das TIC por parte da rapazada. O pasado sábado, día 10 tivo lugar a xornada central desta actividade na Cidade da Cultura.

Múltiples actividades

O Cpetig ven desenvolvendo dende o mes de setembro as actividades de Scratch Day e Control Parental. As actividades chegan ao seu final este mes de outubro. Concretamente o dia 24 coa derradeira sesión de Control Parental no Concellod de San Sadurniño.