Un total de 164 rapazas e rapaces de 8 e 15 anos veñen de participar nos obradoiros Girl Steam 2025

·         Nos talleres executados durante o mes de xullo, e o que vai de agosto. Rematan a primeira semana de setembro

·         A iniciativa está liderada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago  13  de agosto de 2025.- Un total de 164 rapazas e rapaces de entre 8 e 15 anos veñen de participar nos obradoiros Girl Steam dende que comezou a actividade a principios do mes de xullo.

As actividades están programadas ata a primeira semana de setembro cunha sesión adicional no Gaiás Tech o xoves, 5 de setembro, e o peche final dos talleres o venres, 6 de setembro en Guitiriz.

Ata o luns, 11 de agosto tiñan pasado polos obradoiros 50 nenas de 8 a 11 anos, 66 nenos de 8 a 11 anos, 19 nenas de 12 a 15 e 29 nenos de 12 a 15 anos. En total 164 rapazas e rapaces.

O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pasan así o ecuador do desenvolvemento deste novo ciclo de obradoiros de verán para incentivar as vocacións tecnolóxicas entre as nenas e nenos.

Este novo ciclo de obradoiros deu comezo a principios do mes de xullo nas aulas CeMIT dos Concellos. Cada lugar conta con dúas quendas por idade de 4 horas de duración, unha para escolares de 8-11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12-15 anos, cun aforo máximo de 15 persoas por quenda.

Empoderar ás rapazas nos eidos STEAM

Con esta iniciativa búscase impulsar actividades lúdico-formativas de inmersión tecnolóxica que acheguen ás rapazas desde idades temperás ás novas tendencias tecnolóxicas co fin de espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM  e apostar por profesións do ámbito TIC.