Sorteo de 4 becas de formación para programas MBA e Executive en colaboración con Galicia Business School

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática ven de acordar un convenio de colaboración con Galicia Business School, e convoca o sorteo de 4 becas de formación entre as persoas vinculadas á organización para cursar programas MBA e Executive en Galicia Business School. Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar a especialización e o crecemento profesional dos participantes.

As catro becas poderán aplicarse a programas de diversas áreas profesionais:

  • Dirección e Administración de Empresas.
  • Finanzas e Control.
  • Márketing Dixital.
  • Recursos Humanos.
  • Dirección Comercial e Vendas.
  • Operacións e Supply Chain Management.
  • Executive.

Para participar  no proceso  os interesados só deben cubrir un breve formulario cos seus datos . Unha vez pechado o prazo de inscrición, realizarase o sorteo e a organización porase en contacto directamente coas persoas gañadoras.

 Galicia Business School  é unha institución galega especializada en formación práctica para directivos e profesionais que xa formou a máis de 8.000 alumnos. A súa metodoloxía céntrase en casos reais de empresa, fomentando a participación activa e a resolución de problemas de xestión empresarial da man de docentes en activo. A súa calidade académica foi recoñecida por medios como El Mundo, que a situou por segundo ano consecutivo como a mellor escola galega para cursar un MBA, ademais de mencións destacadas por parte de La Razón e Forbes.

Para calquera dúbida sobre o sorteo ou a oferta formativa, é posible contactar a través do correo info@galiciabusinessschool.es ou no teléfono 886 317 146.