#SilverBullet18: as novas tendencias na dirección de proxectos TI, o 27 de setembro na Cidade da Cultura

O vindeiro 27 de setembro vai ter lugar na Cidade da Cultura #SilverBullet18, o II Congreso de Proxectos TI, centrado este ano nas novas tendencias na dirección de proxectos e xestión de persoas no ámbito TI. Organizado polo CPETIG e a Amtega, está pensado como un foro de debate dirixido a empresas e profesionais vinculados á xestión e dirección de proxectos TI, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais nesta área.

A sesión está estruturada en catro relatorios, presentados por algúns dos máis relevantes profesionais do panorama actual, e unha mesa de debate. Para explorar as tendencias comunitarias, abrirá a sesión Laurent Kummer, co relatorio “Open Pm2. En Europa xogamos así”. Kummer é coautor da metodoloxía oficial de xestión de proxectos das institucións europeas, publicada en 2016 como OpenPM², e autor do best seller The Lean Project Management, publicado en 2017. En posesión da certificación Lean Six Sigma Black Belt, é pioneiro e promotor activo da xestión de proxectos lean.

De seguido, Rafa García intervirá co título “¿Funciona? ¡Non fagas nada!… ¿Ou si?” Project Management Professional, Certified Scrum Master, Premio best Evernote EMEA consultant 2018 e fundador de Valor 2.0, exporá a súa visión como experto en productividade persoal e entornos colaborativos.

O terceiro relatorio, “Ser un gran sitio para traballar está tirado. ¿Seguro?”, será presentado por Santiago Cabaleiro, responsable de Valor Persoas do Grupo Visual MS, empresa viguesa premiada como Best Workplace 2017. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, incorporouse ao Grupo Visual MS no primeiro ano da súa constitución, en 2005 asumíu a Coordinación de Visual Trans, empresa especializada en solucións software de xestión para transitarios, axentes de aduanas, consignatarios e operadores loxísticos integrais, e en 2017 iniciou unha nova etapa como responsable de Valor Persoas.

O cuarto relatorio plantexa a pregunta “¿Existen os equipos felices en TI?”. Será presentado por Santiago Vázquez, director do Instituto de Liderado do Tecnolóxico de Monterrei (México). Doutor en Economía pola USC, sociólogo, economista e licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Autor do libro La felicidad en el trabajo… y en la vida. Foi director de Persoas de R, donde desenvolveu un modelo de xestión orientado á felicidade no traballo, aplicando a psicoloxía positiva.

#SilverBullet18 rematará cunha mesa de debate, moderada por Berta Candendo, licenciada en Informática e responsable Content Factory en Netex Learning.

Máis información e formalización de inscricións en http://silverbullet.cpetig.gal