Visados obrigatorios e visados voluntarios
O visado colexial é voluntario salvo para o exercicio de actividades nas que se poida poñer en xogo a seguridade das persoas. O Real Decreto 1000/2010, de 5 de agosto, sobre visado colexial obrigatorio, establece a obrigatoriedade do visado colexial únicamente sobre nove tipos de traballos profesionais, relacionados coa edificación, voladuras, fábricas de explosivos, depósitos de materias explosivas, pirotecnia e recursos mineiros.
Real Decreto 1000/2010, do 5 de agosto, sobre visado colexial obrigatorio (PDF 160KB)
Pero máis aló da obrigatoriedade, pódense dar situacións nas que un cliente exixa o visado colexial sobre un traballo non obrigado por lei a ser expedido, na procura dunha seguridade adicional á que lle poidan proporcionar outros medios (normas de calidade, seguros, certificado dunha entidade de certificación e control, etc.).
Convenio co CITIPA
O CPETIG ten suscrito un convenio de colaboración co Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática do Principado de Asturias (CITIPA) polo que o seu corpo de visadores ofrece a prestación deste servizo, cos mesmos honorarios que estableza o CITIPA para os seus colexiados e colexiadas.
É de obrigado cumprimento, para empregar este servizo, observar o seu propio regulamento de visados, que se pode consultar no PDF.