Peritaxes e arbitraxes

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) na súa labor como institución pública que ofrece servizos á sociedade, dispuxo o funcionamento dun Corpo Oficial de Peritos (COP). Forman parte del as persoas colexiadas coa formación axeitada na elaboración dunha pericial informática e do seu dictame, que solicitan a incorporación ao mesmo. A lista de peritos do COP renóvase anualmente e, ponse á libre disposición das autoridades xudiciais, xuntas de arbitraxe, empresas, institucións e calqueira interesado que precise dos servizos dun perito informático respaldado polo Colexio.

Perito Xudicial

A comezos de ano se envía a relación de membros do Corpo Oficial de Peritos os Decanatos dos partidos xudiciais e a todos os xulgados, colexios de avogados e de procuradores de Galicia.

A demanda crecente de profesionais da informática con coñecementos non só da técnica senón tamén do proceso pericial, que saiban elaborar un claro, útil, eficaz, rápido e completo informe pericial, que axude a fiscais, xuices, avogados a poñer luz sobre materias que cambian a un ritmo vertixinoso, fai que este servizo á sociedade sexa un dos que teñen máis posibilidades de crecemento.

As persoas pertencentes ao COP actúan como:

  • Peritos xudiciais de oficio
  • Peritos xudiciais de parte

Algunhas das actuacións máis habituais dos peritos do COP no ámbito xudicial son:

  • Delitos contra a propiedade intelectual: plaxios de proxectos, servizos ou produtos, falsificacións, uso e distribución de software pirateado
  • Diferencias en contratos mercantis: nivel de desempeño diferente ao esperado na prestación de servizos, desenvolvementos de software que non respectan o acordado, hardware que non responde ás especificacións contratadas, etc
  • Tasacións: sinistros, roubos, piratería, diferencias entre cliente e proveedor polo valor de compra dun produto/servizo co finalmente entregado, compañias aseguradoras, etc
  • Uso fraudulento ou abusivo dun sistema informático: buscar evidencias de actividades delictivas no sistema operativo, uso inadecuado do correo electrónico, spam, amenazas por medios telemáticos, inxurias e calumnias, competencia desleal, emprego pola plantilla de empregados dos medios informáticos postos ás súa disposición para realizar actividades lúdicas ou ociosas, etc

Membros COP

Se precisa dun perito pode consultar aquí o listado de persoas que forman parte do COP