Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), o CPETIG anuncia dúas edicións do “Seminario sobre protección de datos, e-administración e expediente electrónico na administración de xustiza”. Os seminarios terán lugar en Santiago de Compostela e Ourense os días 17 e 18 de xuño.
Obxectivos
- Informar sobre os aspectos máis relevantes da normativa de protección de datos e da administración electrónica xudicial, así como dos beneficios de incorporar o uso das novas tecnoloxías a todos os procesos xudiciais.
- Incrementar a seguridade, efectividade e eficiencia da administración xudicial co uso das novas ferramentas electrónicas avanzadas e con pleno respecto ao dereito á privacidade dos cidadáns.
Destinatarios
Xuíces, maxistrados, secretarios xudiciais e funcionarios dos corpos ao servizo da administración de xustiza.
Lugar
Santiago: Escola Galega de Administración Pública. Rúa de Madrid 2-4
Ourense: Facultade de dereito. Campus de Ourense – As Lagoas s/n
Axenda
- Santiago (17/06/2015):
- 15:30 a 16:00 – Rexistro
- 16:00 a 17:30 – Relatorio I: PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS (1,5 horas) Relator: Víctor Salgado Seguín – Avogado-Socio do Bufete Pintos&Salgado
- 17:30 a 18:00 – Café
- 18:00 a 20:30 – Relatorio II: ADMÓN DE XUSTIZA E PROCEDEMENTO XUDICIAL ELECTRÓNICO: CASOS DE IMPLANTACIÓN (2,5 horas) Relatores: Eduardo A. Sánchez Tato (Secretario Coordinador Provincial de Pontevedra) e Juan Carlos Aladro Fernández (Fiscal Xefe Provincial de Pontevedra)
- Ourense (18/06/2015):
- 15:30 a 16:00 – Rexistro
- 16:00 a 17:30 – Relatorio I: PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS (1,5 horas) Relator: Víctor Salgado Seguín – Avogado-Socio do Bufete Pintos&Salgado
- 17:30 a 18:00 – Café
- 18:00 a 20:30 – Relatorio II: ADMÓN DE XUSTIZA E PROCEDEMENTO XUDICIAL ELECTRÓNICO: CASOS DE IMPLANTACIÓN (2,5 horas) Relatores: Antonio Piña Alonso (Presidente da Audiencia Provincial de Ourense) e Juan Carlos Aladro Fernández (Fiscal Xefe Provincial de Pontevedra)
Programa
Relatorio I: PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS.
- A Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), no que respecta aos ficheiros da administración de Xustiza
- Que é un Dato Persoal? Que é un Ficheiro?
- Os Principios da LOPD.
- Obrigas do responsable do ficheiro.
- O consentimento dos afectados.
- O deber de información no tratamento dos datos.
- Dereitos dos titulares dos datos.
- A cesión ou comunicación de datos.
- Infraccións e Sancións.
- Medidas de Seguridade esixibles aos ficheiros con datos persoais: Título VIII do Real Decreto 1720/2007.
- Base Legal do Regulamento e Sancións.
- Niveis de Seguridade e clasificación dos datos.
- O Documento de Seguridade.
- Medidas de Seguridade de nivel Básico, Medio e Alto.
- O Informe de Auditoría.
- Medidas de seguridade aplicables a soportes non automatizados.
- Aspectos prácticos da aplicación da LOPD na Administración de Xustiza.
Café: 30 minutos
Relatorio II: ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA E PROCEDEMENTO XUDICIAL ELECTRÓNICO: CASOS PRÁCTICOS DE IMPLANTACIÓN.
- A Lei 18/2011, do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza (LUTICAJ).
- Ámbito de aplicación e obxectivo da LUTICAJ.
- Uso dos medios electrónicos na Administración de Xustiza.
- Dereitos dos cidadáns nas súas relacións coa Administración de Xustiza por medios electrónicos.
- Dereitos e deberes dos profesionais da xustiza nas súas relacións coa Administración de Xustiza por medios electrónicos.
- Utilización obrigatoria dos medios electrónicos na tramitación dos procedementos electrónicos xudiciais.
- Réxime xurídico da Administración xudicial electrónica.
- Sede xudicial electrónica.
- Identificación e autenticación.
- Aplicación e disposicións transitorias da LUTICAJ.
- Experiencia na implantación da Administración Xudicial Electrónica en Galicia.
- Ferramentas de Xustiza electrónica.
- Implantación en Xulgados e Tribunais.
- Perspectivas de futuro e recomendacións.
Inscrición
Prazo de inscrición pechado.
Prezo
A inscrición nestes seminarios é de balde.
Máis información
Para ampliar esta información pode contactar no teléfono 668 882 063 ou no enderezo electrónico eventos@cpetig.org