O seminario celebrarase o vindeiro 10 de setembro no telecentro de Santiago de Compostela, con emisión por videoconferencia aos telecentros de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Os asistentes nos distintos telecentros poderán participar no seminario realizando preguntas ou comentarios aos relatores.
Obxectivos
Este seminario ten como obxectivo fundamental a familiarización cos novos entornos de identificación usando certificados dixitais e tarxetas criptográficas. Nestes momentos en que dende o 1 de Xaneiro de 2010 está vixente a lei de administración electrónica que debe impulsar o uso da tramitación electrónica, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos en Informática de Galicia quere colaborar nese impulso por unha parte formando á cidadanía no uso dos medios de identificación electrónica como son os certificados dixitais e por outra familiarizar ós usuarios na xestión das tarxetas criptográficas onde se almacenan os citados certificados. O seminario abordará tamén os aspectos legais da utilización destes certificados. Aos asistenes á xornada entregaráselle unha tarxeta con sistema de cifrado e identificación dixital CERES+WG10 FNMT-RCM certificada pola Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
Destinatarios
- A cidadanía en xeral
Relatores
O seminario contará cos seguintes relatores:
- Roberto Martínez (Técnico de seguridade do INTECO-CERT. Instrutor de cursos de seguridade informática). Guión do relatorio:
- Introdución, antecedentes e necesidades identificadas
- Conceptos previos
- Criptografía
- Principios básicos da seguridade da información
- Certificados dixitais.
- Firma Electrónica
- Concepto
- Tipos de firma
- Estándares de firma dixital
- Exemplos de firma de documentos
- Exemplos
- Víctor Alberto Salgado Seguín (Abogado-Socio do Bufete de Dereito Informático Pintos&Salgado e EuroPrise Legal Expert da Comisión Europea)
- Introdución e ámbitos xerais regulados polo Dereito en Internet
- Firma Electrónica
- Base Xurídica: A LFE
- Concepto e tipos de firma
- Forza probatoria
- Prestadores de servizos de certificación
- Terceiros de Confianza
- Supostos Prácticos
- Natalia Miguel Álvarez (Licenciada en Enxeñaría Superior Informática pola Universidade Autónoma de Barcelona. Traballa no sector da seguridade informática na empresa C3PO). Guión do relatorio:
- Introdución
- Tarxetas intelixentes
- Definición
- Clasificación
- Comunicación e exemplos
- Lectores de tarxetas intelixentes
- Definición
- Comunicación co PC
- Instalación e uso
- Librarías criptográficas
- CSP
- PKCS11
- Tarxeta CERES
- Explicación, usos e exemplos
Axenda
- Venres 10 de setembro de 2010 de 16:00 horas a 20:00 horas
Lugar
- Telecentro de Santiago de Compostela, con emisión por videoconferencia aos telecentros de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo
Inscrición
Para inscribirse neste seminario deberá cumprimentar unha inscrición indicando ademáis dos seus datos, o telecentro ao que desexa asistir. O prazo de inscrición é do 19 de agosto ao 6 de setembro. O formulario para inscribirse neste seminario deberá ser remitido por e-mail a seminariocertificados@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN SEMINARIO CERTIFICADO DIXITAL ou por fax ao 981 937 831.
Prezos
A inscrición neste seminario é de balde.
Renuncia
Se vostede decide non asistir ao curso, deberá comunicar a súa renuncia, vía fax: 981 937 831 ou correo electrónico: seminariocertificados@cpetig.org, cunha antelación de 3 días hábiles anteriores ao inicio do curso. De non facelo así, e salvo motivo xustificado documentalmente, non será admitido en ningunha outra actividade do CPETIG durante un ano.