O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia organiza un seminario de mellora da produtividade persoal e xestión do tempo.
O seminario ten unha duración de 4 horas e forma parte da Aula de formación e capacitación profesional do CPETIG.
Destinatarios
Este seminario está principalmente dirixido a enxeñeiros e estudantes de enxeñaría.
Lugar
Gran Hotel Los Abetos, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela
Axenda
Sábado 11 de abril de 2015 de 10.00 a 14.00 horas, con pausa-café de 20 min.
Formador
Este seminario será impartido por:
Juan Magariños, director en Coaching para Ingenieros
Programa do seminario
Este seminario centrarase en:
- Aprender a definir e traballar por metas que motiven á acción motiv@cción.
- Aprender a identificar as tarefas de alta rendibilidade (aquelas que marcarán a diferenza no teu negocio ou traballo)
- Identificar os hábitos improdutivos para substituílos polos que che leven a lograr as túas metas para xestionar eficazmente e teu tempo e aumentar a produtividade.
- Aprender a ser específico e tanxible, a clave para saber que ofrecemos e como conectar mellor cos desexos dos nosos potenciais clientes, empregadores, provedores…
Matrícula e prezos
Prazo de inscrición:
- Dende o 10/03/2015 ao 10/04/2015
O número de prazas dispoñibles é limitado, adxudicándose por orde de inscrición.
Os colexiados (identificados previamente na web) deberán inscribirse a través do enlace “Inscribirse” situado na parte inferior da páxina.
Os usuarios non rexistrados (público xeral, colexiados do CPEIG, estudantes, compromisos de colexiación), para realizar a inscrición deben entregar a seguinte documentación:
- Formulario de inscrición. Deberase enviar por e-mail a eventos@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN SEMINARIO PRODUTIVIDADE.
- Xustificante bancario do abono da matrícula (e cotas de colexiación de ser o caso -a precolexiación non ten cota de alta-), que deberán realizarse na conta corrente do CPETIG en Nova Galicia Banco nº ES50 2080 1003 22 3040021451
- No caso de ser beneficiario da matrícula reducida de estudante deberase enviar documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
- No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación terán de tempo ata a o momento do comenzo do curso para entregar a documentación de colexiación, que se detalla no apartado “Coléxiate” da web do Colexio http://www.cpetig.org. De non facelo, pódeselle negar a entrada ao evento.
Prezos
No prezo da matrícula inclúese o café no tempo de descanso do evento.
Tipo de matrícula | Prezo | Observacións |
---|---|---|
Matricula ordinaria | 25 € | |
Matrícula reducida | 15 € | Estudantes de Informática da UDC, USC e UVIGO |
Matrícula colexiados | Gratis | Colexiados ou precolexiados do CPETIG e CPEIG ou titulados e/ou estudantes que asinen compromiso de colexiación |
Renuncia á matrícula
Se renuncia ata 7 días naturais antes do comezo do evento, devolverase o 100% do importe da matrícula. Se renuncia entre 3 e 6 días naturais, devolverase o 50% do importe da matrícula. Se renuncia faltando menos de 3 días naturais, non se devolverá o importe da matrícula. A non asistencia ao curso, sen renuncia previa, nin causa documentalmente xustificada, implicará que non sexa admitido en ningunha outra actividade do CPETIG durante un ano
Máis información
Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 668 882 063 ou no correo eventos@cpetig.org