O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, no marco do convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica organiza o seminario “A LOPD nas redes Sociais” que terá lugar o vindeiro 28 de Outubro no telecentro de Santiago de Compostela, con emisión por videoconferencia aos telecentros de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Os asistentes nos distintos telecentros poderán participar no seminario realizando preguntas ou comentarios aos relatores.
Obxectivos
Este seminario ten como obxectivo analizar, dar a coñecer e profundizar no tratamendo que dos datos persoais se fai por parte das redes sociais, as posibles consecuencias do uso inapropiado deses datos, e os nosos dereitos legais ante as propias redes sociais.
Destinatarios
- A cidadanía en xeral
Relatores
O seminario contará cos seguintes relatores:
- José María Lozoya Pérez (Licenciado en dereito pola USC, máster en dereito das telecomunicacións pola Universidade Pontificia de Comillas. Especialista universitario en protección de datos polo RCU Escorial María Cristina.). Título do relatorio: “Os meus dereitos legais ante as redes sociais”
- Ricard Martínez Martínez (Doctor en Dereito pola Universitat de València e profesor de dereito constitucional na mesma universidade. Presidente da Asociación Profesional Española de Privacidade). Título do relatorio: “Os conflitos na aplicación de Lei de Protección de Datos nas redes sociais”
- Álvaro Gómez Vieites. (Profesor asociado na Escola de Negocios Novacaixagalicia. Conferenciante, profesor e consultor na área de LOPD, seguridade informática e protección de datos. Entre outras publicacións, é co-autor do libro”Redes sociales en la empresa. La revolución e impulso a nivel empresarial y profesional). Título do relatorio: “Os meus datos persoais nas redes sociais. Consecuencias dun uso inapropiado e novas ameazas á seguridade”
Axenda
Venres 28 de outubro de 2011 de 16:00 horas a 20:00 horas
16:00 a 16:30 – Rexistro
16:30 a 17:45 – Relatorio I: Os meus dereitos legais ante as redes sociais.
Relator: José María Lozoya Pérez
17:45 a 19:00 – Relatorio II: Os conflitos na aplicación de Lei de Protección de Datos nas redes sociais
Relator: Ricard Martínez Martínez
19:00 a 20:00 – Relatorio III: Os meus datos persoais nas redes sociais. Consecuencias dun uso inapropiado e novas ameazas á seguridade
Relator: Álvaro Gómez Vieites
Lugar
- Telecentro de Santiago de Compostela, con emisión por videoconferencia aos telecentros de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo
Inscrición
Para inscribirse neste seminario deberá cumprimentar unha inscrición indicando ademáis dos seus datos, o telecentro ao que desexa asistir.
O formulario para inscribirse neste seminario deberá ser remitido por e-mail a seminariolopd@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN SEMINARIO LOPD-REDES SOCIAIS ou por fax ao 981 937 831.
Prezos
A inscrición neste seminario é de balde.
Renuncia
Se vostede decide non asistir ao curso, deberá comunicar a súa renuncia, vía fax: 981 937 831 ou correo electrónico: seminariolopd@cpetig.org, cunha antelación de 1 día hábil anterior ao inicio do curso. De non facelo así, e salvo motivo xustificado documentalmente, non será admitido en ningunha outra actividade do CPETIG durante un ano.