Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o CPETIG anuncia a celebración do “Seminario de informática xudicial, peritaxe técnica e proba electrónica”. O seminario celebrarase en Santiago de Compostela os vindeiros 10, 11 e 12 de maio na Escola Galega de Administración Pública.
Obxectivos
- Informar e concienciar aos xuristas dos avances en materia probatoria nos casos en que interveña o factor informático no proceso, así como dos importantes beneficios da incorporación e uso das tecnoloxías da información no propio proceso xudicial.
- Sensibilizar sobre a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e que se pode probar e que non.
- O obxectivo último non é outro que o de dotar de maior seguridade xurídica á nova realidade tecnolóxica ao tempo que incrementar a efectividade e a eficiencia da nosa administración xudicial co uso das novas ferramentas electrónicas e forenses avanzadas.
Destinatarios
Xuíces, maxistrados, membros da avogacía e peritos do Corpo Oficial de Peritos do CPETIG.
Lugar de celebración
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela A Coruña – España
Contidos
Serán 1: Martes 10 de maio de 17:00 a 21:00
Apertura das xornadas a cargo de:
- Marcos Mata, presidente do CPETIG
- Juan José Martín, director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia
Relatorio: DEREITO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS (4 horas) Relator: Víctor Salgado Seguín – Avogado-Socio do Bufete Pintos&Salgado
Serán 2: Mércores 11 de maio de 17:00 a 21:00
Intervención a cargo de:
- José Julio Fernández, vicevaledor do pobo e director de CESEDEN
Relatorio: A INVESTIGACIÓN INFORMÁTICA: A PROBA ELECTRÓNICA (4 horas) Relator: Juan Salom Clotet – Xefe Grupo Delitos Telemáticos da Garda Civil
Serán 3: Xoves 12 de maio de 17:00 a 21:00
Clausura das xornadas a cargo de:
- Miguel Abal, vicepresidente do CPETIG
Relatorio I: PROTOCOLO FORENSE EN PROBAS ELECTRÓNICAS (de 17:00 a 19:00 – 2 horas) Relator: Gonzalo Sotelo Seguín – Grupo de Delitos Telemáticos da Comandancia de Pontevedra Relatorio II: PRÁCTICA PERICIAL INFORMÁTICA (de 19:00 a 21:00 – 2 horas) Relator: Modesto Álvarez Rodríguez – STICC Soluciones. Responsable de Comisión de Visados do CITIPA
Inscrición
Para inscribirse neste seminario deberá cumprimentar un formulario de inscrición e remitilo por e-mail a seminarioxudicial@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN SEMINARIO XUDICIAL ou por fax ao 981 937 831.
Prezo
A inscrición neste seminario é de balde.
Máis información
Para ampliar esta información pode contactar no teléfono 981 937 832 ou no enderezo electrónico seminarioxudicial@cpetig.org.