1. Curso para escolares
Diríxese fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos, co propósito de que se acheguen e accedan de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.
Obxectivos
- Eliminar mitos en relación á programación informática.
- Introducir aos asistentes de forma lúdica e divertida no mundo da programación.
- Coñecer a contorna de programación Scratch.
- Aprender a desenvolver videoxogos coa ferramenta Scratch.
- Concienciar da potencia da programación como medio de expresión das ideas propias e como medio de emprendemiento.
- Descubrir as posibilidades que poden ofrecer as TIC, especialmente en idades temperás e contribuír, así, a reducir a fenda dixital.
2. Curso de formadores
Está dirixido fundamentalmente ao profesorado de primaria e secundaria (sen excluir a outros colectivos) para dotalos dos coñecementos e ferramentas necesarias para que poidan usar Scratch na súa área de competencia.
Obxectivos
- Aprender a desenvolver aplicacións coa ferramenta Scratch.
- Comprender a potencia do uso de Scratch como ferramenta didáctica.
- Coñecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con Scratch.
Axenda
- Acreditación e benvida
- Presentación e demostracións
- Taller de programación con Scratch
- Presentación de proxectos
Formadores
Contarase coa participación da asociación “Código Octopus” que impartirá a formación a rapaces, país e profesorado.
Código Octopus é unha fonte de recursos en galego para o profesorado con bases en calquera materia que se desexe introducir á programación na docencia. Conta material para aprender a programar en “Scratch” en Educación Primaria e Educación Secundaria. Tras este proxecto atópase un grupo de profesorado de tecnoloxía do sistema educativo galego.
Cidades e datas
Vigo
- Data: 7 de outubro
- Hora: De 17:00 a 21:00
- Lugar: Sede Afundación. Rúa Policarpo Sanz, 26
Na edición de Vigo os asistentes deberán levar portátil con conexión WIFI.
Inscrición na edición de Vigo
Ourense
- Data: 8 de outubro
- Hora: De 9:30 a 14:00
- Lugar: ESEI. Campus Universitario. Edificio Politécnico
Na edición de Ourense haberá ordenadores a disposición dos asistentes.
Inscrición na edición de Ourense
Santiago
- Data: 15 de outubro
- Hora: De 9:30 a 14:00
- Lugar: Cidade da Cultura. Edificio da biblioteca
Na edición de Santiago os asistentes deberán levar portátil con conexión WIFI.
Inscrición na edición de Santiago
Prezo
A inscrición nestes cursos é de balde.
Inscrición
Inscrición na edición de Vigo*
Inscrición na edición de Ourense
Inscrición na edición de Santiago*
* Nesta edición os asistentes deberán levar ordenador portátil con conexión wifi.
Máis información
Para ampliar información pode contactar no enderezo eventos@cpetig.org ou no teléfono 630.778.003