A finalidade desta reunión, solicitada polo CPETIG, era presentar o Colexio ao Director Xeral da Función Pública, ofrecerlle a nosa colaboración a traballar xuntos nos temas que nos afectan a ambas institucións, e facerlle chegar as dúbidas e preocupacións que ten o Colexio sobre diversos temas competencia desta Dirección Xeral.
O CPETIG quere agradecer a cordialidade coa que foi recibida a comisión, así como a invitación por parte do Director Xeral a facerlle chegar propostas formais, suxestións e medidas concretas sobre calquera modificación que o colexio considere necesario introducir nos actuais textos que regulan as distintas áreas de competencia de Función Pública relacionadas coa profesión.