· A iniciativa estivo liderada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Santiago 24 de outubro de 2025.- Hoxe venres, día 24 no Concello de Leiro, ponse fin as actividades do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia coa derradeira sesión sobre Control Parental na que se informa ás familias dos riscos dun mal uso das tecnoloxías.
Desta forma, rematan as actividades que dende o mes de xullo ven desenvolvendo o CPETIG en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e nas que participaron máis de 400 rapaces e rapazas de Galicia.
A primeira actividade foron os talleres do Girl Steam, un programa que comezaba a primeiros do mes de xullo e que permaneceu activo ata a primeira semana de setembro. Pechadas estas sesións, o 20 de setembro comezou a desenvolverse a X Edición do programa Scratch Day nas aulas Cemit dos Concellos de Galicia coa novidade da incorporación do uso da IA con Scratch e cuia xornada final tivo lugar na Cidade da Culltura o pasado día 18 de outubro.
Esta actividade coincidiu no tempo coas xornadas informativas sobre Control Parental que rematan hoxe venres na aula Cemit do Concello de Leiro e pola que pasaron unhas 50 familias.
