O Alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á Presidenta e á Tesoureira do CPETIG (Leticia Diz e Anxos Cabado) no Pazo de Raxoi. Neste acto, ao que acudiron conxuntamente o Colexio de Enxeñeiros en Informática (CPEIG) e o Colexio de Enxeñeiros Técnicos en Informática (CPETIG), as dúas xuntas directivas explicáronlle os seus obxectivos e intercambiaron co Rexidor opinións sobre esta nova etapa. O Alcalde agradeceulle aos Colexios que escolleran Santiago de Compostela como sede.Más información na Web do Concello de Santiago