Programación de aplicacións con Scratch

O curso ten unha duración de oito horas e enmárcase dentro das actividades do convenio asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Obxectivos

Os obxectivos xerais deste curso son:

  • Aprender a desenvolver aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch
  • Comprender a potencia do uso de Scratch como ferramenta didáctica
  • Coñecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con Scratch
  • Desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en distintas etapas e disciplinas educativas.

 

Axenda

O curso ten unha duración de 8 horas distribuidas do seguinte xeito:

  • Xoves 24 de abril. De 16:00 a 20:00 horas.
  • Venres 25 de abril. De 16:00 a 20:00 horas.

Programa

Xoves 24 de abril

  • ¿Por que ensinar a programar a escolares?
  • Introdución á ferramenta Scratch
    • Audio e gráficos
    • Bucles e condicións
    • Paralelismo e eventos
    • Operacións matemáticas e lóxicas
    • Sincronización de procesos
    • Variables e listas

Venres 25 de abril

  • Conceptos avanzados con Scratch:
    • Abstracción
    • Clons
    • Integración de vídeo
    • Variables Cloud
  • Estratexias de integración da programación con Scratch na aula

Formadores

Jesús Moreno León. Enxeñeiro técnico en informática e Máster en enxeñaría de sistemas telemáticos. 10 anos de experiencia docente como profesor de informática en secundaria e formación profesional. Actualmente traballa no Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado.

José Ignacio Huertas Fernández. Enxeñeiro técnico en informática e Máster en enxeñaría de sistemas telemáticos. 10 anos de experiencia docente como profesor de informática en secundaria e formación profesional. Actualmente traballa no IES Polígono Sur de Sevilla.

Lugar

Centro Demostrador TIC (CDTIC). Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo. 15702 Santiago de Compostela. Como chegar

Matricula, prezos e prazas dispoñibles

Inscrición

Prazo de inscrición:

  • Dende o 1 ao 18 de abril

O número de prazas é limitado, e adxudicaranse por orde de inscrición.

Os colexiados deberán inscribirse a través do enlace “Inscribirse” situado na parte inferior da páxina

Prezos

A inscricion neste curso é de balde.

Notas

No caso de que non se alcance o mínimo de participantes para que o curso sexa viable, ou por motivos de forza maior, o curso poderá ser suspendido.

Renuncia de prazas asignadas

A non asistencia ao curso, sen renuncia previa con polo menos 2 días de antelación ao comezo da actividade, nin causa documentalmente xustificada, implicará que non sexa admitido en ningunha outra actividade do CPETIG durante un ano.

Máis información

Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 894 545 ou no correo cursoscratch@cpetig.org.