Preto de 350 rapaces e rapazas participaron a IV edición do Girl Steam 2026

Santiago de Compostela, 3 de setembro do 2026.– O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia chegaron hoxe no Gaiás Tech ao final do desenvolvemento da cuarta edición do programa Girl STEAM, un ciclo de obradoiros de verán destinado a  incentivar as vocacións tecnolóxicas entre as nenas e nenos.

O Girl STEAM é un programa de obradoiros prácticos orientado a espertar vocacións tecnocientíficas entre a mocidade galega e contribuír a reducir a fenda de xénero nas profesións vinculadas á ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría, as artes e as matemáticas.

En total desenvolvéronse 30 talleres en 19 concellos nos que participaron un total de 347 nenos e nenas que comezaron o día 29 de xuño, en Betanzos e Pontevedra e que se estenderon ao longo dos meses de xullo e agosto cunha importante participación e apoio das familias.