O presidente do CPETIG participa nun xantar networking con Marieta del Rivero

O presidente do Colexio, Marcos Mata, participou hoxe en Vigo nun xantar networking con Marieta del Rivero, independent non executive director de Cellnex Telecom, industry senior advisor de Ericsson e presidenta de International Women’s Forum Spain.

 

 

No encontro, organizado por Sumamos Red de Mujeres Profesionales, Marieta del Rivero explicou a súa visión sobre a cuarta revolución industrial, a crecente relevancia da intelixencia artificial e o reto da seguridade. E apuntou a necesidade de alentar as vocacións tecnolóxicas femininas e favorecer o acceso da muller aos postos de decisión no organigrama das compañías tecnolóxicas.

 

Marcos Mata, pola súa banda, alertou da negativa evolución do acceso das mulleres aos estudos de Informática en Galicia, que ronda unha caída do 50% nos últimos anos, un descenso que contrasta co escenario de crecente feminización da matrícula nas tres universidades galegas.

 

Este foro de Sumamos, celebrado hoxe no Círculo de Empresarios de Galicia, reuniu a unha vintena de empresarios e profesionais, comprometidos coa visibilización do talento feminino.