Esta solicitude cursouse o 7 de marzo do 2007, por parte do Grupo de Traballo para a Creación do Consello de Colexios Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática, sen que se producise ata o de agora a creación do Colexio estatal ou esta tivese resposta.
A día de hoxe aprobáronse Leis de Creación de Colexios Profesionais de Enxeñaría Técnica en Informática en Andalucía, Principado de Asturias, Canarias, Castela-A Mancha, Catalunya, Comunidad Valenciá, Galicia, Illes Balears e Murcia.
O feito de que se estén a negociar a nova Lei de Atribucións Profesionais e a nova Lei de Colexios Profesionais (que conlevarán unha grande reforma no panorama de acceso e exercicio de determinadas profesións, e na que se pretenden abrir os criterios de acceso a éstas a diversas titulacións) cos representantes dos Colexios estatais de diversas profesións a nivel nacional ( e que o non tramitarse a creación dos Consellos, non se conta coa presencia dos Colexios de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática), en opinión do CPETIG, supón unha inexcusable discriminación e indefensión para máis de setenta mil titulados e cen mil estudantes das enxeñarías en informáticas.
Podes seguir a iniciativa parlamentaria na páxina do Congreso dos Diputados.