Presentación do informe “A situación Laboral nas Enxeñarías en Informática de Galicia”

No discurso efectuado por Marcos Mata, presidente do CPETIG, destacouse a importancia da Enxeñaría Técnica en Informática, xa que representa o 65% dos titulados universitarios en informática, incorporando ao mercado laboral 180 titulados de media nos últimos 5 anos. Destacando que nunha época de crise como a que nos afecta, menos dun 5% destes titulados se atopan en situación de desemprego.

Marcos Mata rematou o discurso facendo referencia ao CPETIG, e indicando que a maioría dos enxeñeiros técnicos en informática non están colexiados, destacando que o informe da ACSUG revela que a maioría destes titulados indican que lles motivaría colexiarse se obtivesen unha boa oferta formativa.

Neste punto, o presidente do CPETIG destacou que nos últimos catro meses, o CPETIG tivo un aumento aproximado do 50% no número de colexiados, grazas á intensiva campaña formativa que ven desenvolvendo en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, e que continuará nos vindeiros meses con dous cursos de xestión de proxectos onde se contará con acreditados formadores como é o caso de José Luis Iparraguirre, único español que está actualmente acreditado para as evaluación dos niveis 4 e 5 (os máis altos) de CMMI.

Así mesmo, nos próximos días anunciarase o que será a primeira xornada sobre informática xudicial, que se celebrará no mes de xuño e no que se informará a xuíces, maxistrados e fiscais dos avances en materia probatoria no caso de delitos informáticos, para o que se contará cos máis destacados expertos.

Información adicional:

* Enlace aos informes

* NP da Xunta de Galicia sobre o acto