Precisamos de TI



Extracto da Campaña realizada

Precisamos de TIPrecisamos de TI. O Colexio é unha rede de profesionais (xente coma ti) que están a traballar polo recoñecemento da importancia das Tecnoloxías da Información (TI) e da túa profesión en todos os foros (empresariais, gubernamentais, universitarios). Os colexiados do CPETIG asumen ó incorporarse un compromiso cun código ético e de boas prácticas, coa sua mellora profesional e coa calidade no exercicio da profesión. Hai moito polo que traballar e moitos os procesos en marcha (EEES, atribucións, homologacións,…) que te afectan e afectarán. Pero non podemos facer o noso traballo sen a túa axuda.. O momento é agora. Outros xa se están movendo. E ti, comprométeste coa túa profesión? ou quedaste fóra da rede?Coléxiate!!! (se es titulado) ou Precoléxiate!! (se es estudante) no CPETIG e participa e traballa connosco na rede de profesionais que está a traballar na construcción, recoñecemento, e mellora do presente e o futuro da túa profesión.
Participa connosco na rede. Xuntos podemos. Máis información en info@cpetig.org ou www.cpetig.org”