Curso de peritaxes e informática forense 2013

Os destinatarios deste curso son os actuais enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática e estudantes das enxeñarías en informática. Con esta acción preténdese formar aos asistentes nas últimas técnicas de análise forense e práctica pericial, así como dar a coñecer a última normativa legal e mercantil relacionada co campo da pericia xudicial. Nesta edición inclúese tamén unha intervención que abordará toda a parte relacionada coas obrigas fiscais e mercantís que supón o desenvolvemento da actividade de perito informático.

Este curso conta cunha achega económica da DX de Xustiza da Xunta de Galicia.

Toda a información do curso: programa, formador, datas, prezos e inscrición no seguinte enlace

Patrocina: