Pechan as sesións adicionais dos obradoiros Girl Steam no centro GaiásTech

·         A actividade remata a semana que ven cun total de case 30 talleres executados durante o mes de xullo, agosto e o que vai de setembro

Santiago  6  de setembro de 2024.- Marcos Mata, Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, asistiu esta tarde no centro GaiásTech ao peche das sesións adicionais dos obradoiros Girl Steam que se están a desenvolver este verán e que rematan a semana que ven, o luns en Brión e o martes en Carballedo.

O presidente do Cpetig chega ao Gaiás Tech onde se celebran as sesións adicionais

A visita contou coa asistencia do Conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e do director de Amtega, Julián Cerviño. Os tres realizaron un percorrido polas instalacións e compartiron conversa  cos rapaces que participan na formación.

Uns 200 nenos e nenas veñen de participar nestes obradoiros dende que comezou a actividade a principios do mes de xullo.