Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e en colaboración co Centro Demostrador TIC de Galicia o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia organiza unha serie de charlas sobre O USO DE INTERNET E REDES SOCIAIS PARA MENORES que terán lugar en Santiago, A Coruña e Ourense os días 18, 19 e 20 de xuño respectivamente.
O obxectivo destas charlas é sensibilizar aos pais sobre os principais riscos existentes polo uso non apropiado destas ferramentas e ao mesmo tempo proporcionarlles os recursos necesarios para axudarlles na prevención dos mesmos ou minimizar as súas consecuencias.
As redes sociais, e internet en xeral, hoxe en día teñen un enorme potencial, nun sentido tanto positivo como negativo, e, por tanto, enfrontámonos a novos riscos e novas oportunidades que precisan ser identificadas e estudadas. Conceptos como ciberbulling (acoso entre menores), o grooming (acoso entre un adulto e un menor), o sexting (envío de fotografías sexuais), por desgraza empezan a ser de uso corrente, facéndose necesario establecer mecanismos e canles de control e denuncia, na que a colaboración entre pais, educadores e a sociedade en xeral é absolutamente necesaria.
Neste sentido, o caso das novas tecnoloxías suscita ás veces certos problemas xa que non é raro que nenos superen aos seus pais no manexo do mundo dixital, o cal pode dificultar o seu labor de mediación. O reto consiste en establecer unha nova mirada a este escenario co ánimo de recoñecer as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías e, ao mesmo tempo, identificar os riscos xerais e persoais que suscitan.
Debemos preparar aos menores para afrontar a cara menos amable da Rede e dese modo dar forma ao seu futuro dixital; primeiro coñecendo os perigos e segundo, ofrecéndolles respostas ante eles nas que os valores, a comunicación e o fomento do sentido crítico xogan un papel fundamental. É de gran importancia saber controlar os riscos, non só aqueles representados polos contidos que poidan resultar inadecuados, senón tamén daqueles contactos ou “amizades” potencialmente perigosas que teñen a golpe dun clic.
Por un lado temos que concienciar aos menores e adolescentes do erro no que viven coa falsa sensación de impunidade e anonimato respecto ao uso da rede. Non son conscientes de que si se cometen infraccións, estas páganse, con independencia de si se levaron a cabo ou non de forma consciente. E por outro, aos pais e titores, para os cales hoxe en día, educar aos menores no uso das novas tecnoloxías debe ser unha prioridade, xa que polo que reflicten recentes resolucións xudiciais, a falta do deber de vixilancia e supervisión supón unha neglixencia que pode derivar en responsabilidades de orde civil, administrativo ou ata quizais penal.
Programa
18: 00 – 18:30 Marta García de la Concha Álvarez – Fiscal Delegada de Criminalidade Informática na provincia de Pontevedra.
“O MENOR COMO VÍTIMA OU RESPONSABLE DE DELITOS COMETIDOS A TRAVÉS DE INTERNET”.
– Protección penal dos menores vítimas do delito.
– As novas figuras delictivas: childgrooming, ciberbullying, pornografía infantil…
– A responsabilidade penal dos menores de idade
– A responsabilidade civil solidaria dos pais ou titores: menores de 18 anos /menores de 14 anos
– Cooperación xudicial internacional no ámbito da criminalidade informática.
18:30 – 19:00 Gonzalo Sotelo Seguín – Equipo de Delincuencia Tecnolóxica – Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
“MENORES E NOVAS TECNOLOXÍAS: BENVIDOS AO DESERTO DO REAL”
– Grooming, ciberbulling, sexting e xeolocalización, novos riscos para o menor
– Investigación policial (Redes Sociais e dispositivos móbiles)
– Cooperación e traballo con operadores de servizo-contidos e operadores xurídicos – A importancia do coñecemento e da educación
19:00 – 19:30 María de Sousa-Valadas Castaño – User Support & Translations Manager en Tuenti
“TUENTI: PRIVACIDADE E SEGURIDADE”
– Que é Tuenti e para que serve
– O novo Tuenti, amigos vs. contactos
– A privacidade en Tuenti
– Idade mínima, protocolo de detección de menores de 14 anos
– Centro de axuda e seguridade
19:30 – 20:00 Mª Rosario Soltero Mayor – Diplomada en Informática – Colexiada do CPETIG
“CONSELLOS TÉCNICOS PARA O USO SEGURO DÁS REDES SOCIAIS”
1. A presenza de Internet na nosa vida cotiá
– Conectividade ao alcance de todos
– Multitude de servizos na rede
– Como curiosidade, Internet das cousas
2. Web 2.0
– Introdución – Redes sociais máis utilizadas: Facebook, Twitter, Google+, Tuenti, Linkedin, Flickr, Youtube
3. Consellos técnicos
– Seguridade básica en internet
– Seguridade con dispositivos móbiles
– Pautas para un bo uso das redes sociais
– Configuración de seguridade e privacidade nas principais redes sociais
Destinatarios
Pais, nais, titores legais e formadores que desexen coñecer os riscos e consecuencias dun mal uso das redes sociais, profesionais do sector que desexen ampliar os coñecementos sobre cuestións legais que afectan a estas ferramentas. E en xeral, usuarios que desexen ter máis información de como usar estas aplicacións dun modo seguro.
Axenda
- Martes 18 de xuño. De 18:00 a 20:00 horas.
Lugar
Centro demostrador TIC de Galicia, Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo. Santiago de Compostela. Podes consultar a localización neste enlace.
Matrícula
Inscrición
Prazo de inscrición: do 03/06/2013 ao 15/06/2013
As inscricións deberán realizarse a través do seguinte enlace: web do CDTIC.
Prezos
O taller é gratuíto
A non asistencia ao curso, sen renuncia previa, nin causa documentalmente xustificada, implicará que non sexa admitido en ningunha outra actividade do CPETIG durante un ano.
Máis información
Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 656 621952 ou no correo redesmenores@cpetig.org.