Os Colexios Profesionais promoven queixas diante do Defensor del Pueblo

Os Colexios consideran que o Goberno está a inclumplir a Lei (en particular a Lei 12/1986 e a Lei 2/1974) o que están a causar a exclusión ou ben a discriminación da Enxeñaría Técnica e a Enxeñaría en Informática en todos os procesos de reformas derivados da transposición de diversas Directivas Europeas.

Os Colexios Profesionais piden a colaboración a todos os profesionais e estudantes Enxeñeiros/as Técnicos e Enxeñeiros/as en Informática, e a todo aquel simpatizante, co obxecto de que presenten queixas online dirixidas ó Defensor del Pueblo para que “acuerde promover e impulsar desde su Gabinete la adopción de medidas por parte de los diferentes organismos competentes para la regulación de las profesiones de Ingeniero e Ingeniera en Informática y de Ingeniero Técnico e Ingeniera Técnica en Informática”.

Descarga o documento de queixa e completa os teus datos:

Instruccións para efectuar as queixas:

  1. Entra en www.defensordelpueblo.es.
  2. Pincha no apartado da parte inferior esquerda con fondo azul que pon “Quejas por Internet”
  3. Selecciona efectuar a queixa con firma dixital (se dispós de certificado dixital da FNMT) ou ben sen firma dixital.
  4. Cumprimenta os teus datos personales e sube o documento de queixa cumprimentado (sustitúe onde corresponda dentro do documento o teu nome, cidade, títulación, etc.)
  5. Non olvides por no MOTIVO DE QUEIXA o seguinte: “SUPLICO AL EXCMO. SR. DON ENRIQUE MÚGICA HERZOG, DEFENSOR DEL PUEBLO acuerde promover e impulsar desde su Gabinete la adopción de medidas por parte de los diferentes organismos competentes para la regulación de las profesiones de Ingeniera Técnica en Informática e Ingeniería en Informática conforme a las razones y propuestas que se detallan en el documento adjunto.”
  6. Pincha en continuar.
  7. Sí, enviar.

Distribúe esta iniciativa e dalle difusión entre todos os profesionais das Enxeñarías en Informática que coñezas, amigos, familiares e outros simpatizantes das nosas reclamacións, para que envíen a súa queixa.

Precisamos de TI. Xuntos Podemos.