Os Colexios Profesionais, os Centros Universitarios e as Delegacións de Alumnos únense na defensa e promoción da profesión

Os representantes das directivas dos Colexios Profesionais de Enxeñaría Técnica e Enxeñaría en Informática de Galicia (CPETIG e CPEIG), a Asociación de Enxeñaría en Informática de Galicia  (AEIG),  os Centros Universitarios de Informática das tres universidades galegas (Facultade de Informática de A Coruña -FIC-, Escola Superior de Enxeñaría en Informática de Ourense (ESEI),  Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago), e os Representantes das Delegacións de Alumnos dos tres campus,  mantiveron onte unha xuntanza en Santiago para avaliar as medidas conxuntas precisas para conseguir a regulación profesional e académica destas titulacións.

O encontro permitiu avanzar na creación dun marco de coordinación e debate de posibles accións  informativas e reivindicativas e no establecemento de canles de información directa e veraz cara os profesionais, profesorado e estudantes das Enxeñarías en Informática de Galicia, que lle permitan a estos coñecer de primeira man, de forma fiable e en detalle  a problemática e a situación actual e futura das súas titulacións e profesións. A iniciativa representa un paso máis na unión de esforzos a prol da equiparación destas titulacións coas demais enxeñarías.

Entre as accións propostas, abordouse a posta en marcha dunha plataforma para a Defensa das Enxeñarías en Informática ou o apoio á manifestación prevista para o vindeiro martes 17 na Coruña.