Os Colexios Profesionais de Enxeñaría Técnica e Enxeñaría en Informática de Galicia, representados polas súas directivas, mantiveron en pasados días unha reunión co deputado polo BNG no Congreso, Francisco Jorquera, para intercambiar opinións sobre a actual situación das mencionadas Enxeñarías respecto á adaptación detas titulacións ó Espazo Europeo de Educación Superior, a falta de regulación profesional, a inexistencia de responsabilidade civil ante “erros informáticos”, e sobre os distintos procesos de transposición de Directivas Europeas en marcha que afectarán ás Enxeñarías en Informática.
As directivas do CPETIG e o CPEIG agradeceron, no nome do colectivo ao que representan, o apoio recibido polo BNG na Comisión de Ensinanzas Universitarias no Congreso respecto á Proposición non de Lei sobre contidos e competencias da Enxeñaría Informática, así como o seguemento (a través da presentación de preguntas parlamentarias) que o BNG está a facer sobre os pasos que o Goberno está a dar para afrontar a actual “crise” da Enxeñaría e da Enxeñaría Técnica en Informática.
Os representantes dos Colexios e Francisco Jorquera debatiron sobre a situación actual dunhas Enxeñarías, actualmente debilitadas polo trato discriminatorio dado polo Goberno con respecto ás demais Enxeñarías . Ditos representantes explicaronlle toda a problemática actual e a situación de agravio que están a vivir as titulacións, así como lle aclararon que non é o obxectivo dos Colexios expulsar ós non titulados en enxeñarías en informática do sector nen crear reservas de actividade profesional, se non loitar polo recoñecemento profesional dos seus titulados, asegurar a existencia de responsabilidade civil ante “erros informáticos”, así como traballar pola regulación dun sector que cada vez é máis importante e crítico no desenvolvemento económico do país.
Por outra parte, os Colexios presentáronlle diversas iniciativas que se están a levar para recabar o apoio do seu Grupo tales como: a petición formal dende cada Parlamento autonómico da creación dos Consellos Xerais de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática, a regulación do título (a través da creación das fichas), a regulación profesional que se abordará a través da transposición da Directiva 2006/123/CE, de Servizos.
Francisco Jorquera amosouse disposto a colaborar e impulsar no Congreso, e no nome do grupo ó que representa, estas e outras iniciativas para o recoñecemento por parte da Sociedade dos profesionais das Enxeñarías en Informática, a igualdade profesional e educativa co restos de Enxeñarías nos distintos procesos abertos, así como para garantir a existencia de regulación e responsabilidade profesional e civil no sector da informática.
Estes contactos únense os xa mantidos cos candidatos electoriais do BNG en pasados días (reunión coa candidata por A Coruña Ana Pontón) e únense ás reunións con outras forzas polítcas para recabar o apoio para a creación dun Corpo Específico de Informática na administración galega, así como para coñecer de primeira man as políticas TIC dos candidatos.