Esta aprobación por tanto sitúa as reinvidicacións dos distintos colectivos relacionados coas Enxeñarías en Informática en bó camiño, aínda que dista todavía de que esta solicitude do Senado se concrete en accións, medidas, normativas e lexislación concreta e inequívoca respecto á regulación da profesión, a non invasión de competencias de outras titulacións no ámbito das enxeñarías en informática e a non discriminación respecto ó resto das enxeñarías.
Así, a Comisión de Ciencia e Innovación insta ó Goberno para:
- Incorporar, tras un breve período de tempo, ás titulacións no ámbito da Enxeñaría en Informática (Grao e Máster) na discusión do conxunto as enxeñarías.
- Estudar, respectando a lexislación e normativa vixente, as posibilidades de definir solucións transitorias para que a Enxeñaría en Informática teña o mesmo trato que o resto das enxeñarías ata o desenvolvemento lexislativo da regulación de profesións no marco da transposición da directiva europea de servizos.
Vídeo da votación na Comisión de Ciencia e Innovación do Senado en YouTube. –