O presidente do CPETIG intervén nunha mesa redonda do I Encontro de Cooperación para o desenvolvemento da Administración electrónica

 

Na sesión da mañá celebráronse dúas mesas redondas, unha primeira, titulada Cara unha veciñanza intelixente, sobre aspectos chave da Administración electrónica como a interoperabilidade e a capacitación dixital; e unha segunda, sobre Factura electrónica, a licitación electrónica e Transparencia como retos presentes e futuro cara o bo goberno. Pola tarde o debate estivo centrado nas infraestruturas de telecomunicación e nos retos dos profesionais TIC na Administración local. Na primeira mesa, o director da área de infraestruturas e telecomunicacións da Amtega, Adrián Lence, falou da nova Rede Dixital de Emerxencias de Galicia; María Cacharro do Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local abordou o modelo de ordenanza para adaptala á nova Lei de Telecomunicación; e o vogal do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación, Javier Fernández, expuxo a importancia do despregamento de novas infraestruturas de telecomunicación para a implantación da eAdministración. O encontro rematou analizando os retos do profesionais TIC das Administracións locais, nunha mesa redonda na que interviron o presidente do CPETIG, Marcos Mata, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o responsable de informática do Concello de Lugo, Eduardo Risco