O presidente do Cpetig, Marcos Mata Mansilla, ponente no acto de graduación FIC 2025

 

  • Adica unhas palabras á XIII promoción do Grao en Enxeñaría Informática da Universidade de A Coruña nas que fala do éxito e do fracaso e da importancia do traballo en equipo

Santiago de Compostela, 6 de xuño do 2025.- Marcos J. Mata Mansilla, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, asistiu en representación do CPETIG ao acto de graduación da promoción deste curso da Facultade de Informática de A Coruña no que dirixíu unhas palabras de ánimo ante o futuro aos novos egrexados.

No seu discurso, Mata Mansilla resaltou a importancia das alumnas neste grao e dixo que un dos obxectivos é superar o 20% de matriculadas neste momento na carreira. Asegurou que nesta profesión as mulleres “ides a ter as mesmas oportunidades porque é unha profesión que conta con vós”.

Tamén falou do éxito na profesión de informático. Citou a cultura do éxito e a preseverancia, lembrando que son mensaxes presentes nas redes sociais como LinkedIN. Pero que fronte a estas frases que circulan polas redes “solo fracasa quen non o intenta” o “o éxito depende únicamente do traballo duro e do sacrificio” dixo que, aínda que non é a súa intención cuestionar este tipo de mensaxes, si que hai moitas condicións que van a marcar o  éxito entre as que están tamén o fracaso. Por iso o citou na súa intervención e lembrou que  o fracaso é unha ferramenta que vai a estar presente na vida laboral, para engadir que cando esteades fronte a éste “non dubidedes en vós mesmos, do voso traballo e do voso esforzo”, porque “un non elixe quen é o seu xefe nin as circunstancias das súa empresa”.

Rematou a súa intervención cunha frase do esxogador de baloncesto Michael Jordan na que dicía “fallei máis de 9000 tiros na miña carreira, perdín case 300 xogos, 26 veces confiouse en min para facer o tiro gañador é perdín, é por iso que teño éxito” así que -dixo- “o éxito é traballo en equipo e non o esquezades”