Así esta moción instaba ó Goberno a:
- Incorporar, tras un breve período de tempo, ás titulacións no ámbito da Enxeñaría en Informática (Grao e Máster) na discusión do conxunto as enxeñarías.
- Estudar, respectando a lexislación e normativa vixente, as posibilidades de definir solucións transitorias para que a Enxeñaría en Informática teña o mesmo trato que o resto das enxeñarías ata o desenvolvemento lexislativo da regulación de profesións no marco da transposición da directiva europea de servizos.
Así o BNG fai as seguintes preguntas:
- ¿Va el Gobierno a incorporar, en el plazo más breve posible, las titulaciones del ámbito de la Ingeniería Informática (grado y máster) en la discusión del conjunto de las ingenierías?
- ¿Va el Gobierno a definir soluciones transitorias para que la ingeniería informática tenga el mismo trato que el resto de ingenierías hasta el desarrollo legislativo de la regulación de las profesiones en el marco de la transposición de la Directiva Europea de Servicios?
- En concreto, ¿va a modificar y/o actualizar el listado de las especialidades de ingeniería que figuran enumeradas en el Decreto 148/1969, de ingenierías reguladas, para incluir la Ingenierías Técnica en Informática?
- En todo caso ¿Qué pasos está dando el Gobierno para cumplir la moción aprobada el pasado 12 de noviembre en la Comisión de Ciencia e Innovación del Senado en este sentido?
É preciso lembar as últimas declaracións dos Comités de Creación dos Consellos de Colexios CONCITI e CCII sobre a situación actual das negociacións:
“Tras semanas de negociacións e contactos, o goberno fartouse de dicir que na transposición da Directiva Europea de Servizos (Lei que establecerá o novo marco das profesións reguladas) se daría solución ás reivindicacións deste colectivo, pero NON permite que os Enxeñeiros [Técnicos] en Informática estean presentes na negociación. Pero ao resto de Enxeñeiros SÍ.
Négase a creación dos Consellos de Colexios de Enxeñeiros [Técnicos] en Informática, chegando mesmo a dicir que as leis autonómicas que crearon os 20 colexios autonómicos -Enxeñaría e Enxeñaría Técnica- existentes non teñen base legal. Vanse aprobar no Consello de Ministros as fichas das demais enxeñarías, A DA ENXEÑARÍA INFORMATICA NON. O único que o Goberno decidiu é poñerse a estudar agora que solución darán no futuro. O goberno di que a Enxeñaría Informática non terá atribucións, por consideralas unha restrición innecesaria á libre competencia. Todo isto enténdese como un NON a todo, e como que o diálogo están en punto morto. Nesta situación os comités de creación dos consellos de colexios non poden máis que informar aos Enxeñeiros [Técnicos] en Informáticas e estudantes, que a única forma de chegar a conseguir as nosas reivindicacións, é a mobilización. Polo tanto apoia todas aquelas iniciativas que se formulen por entidades representativas e empraza os profesionais a que colaboren activamente con todas estas iniciativas. “
Pregunta no Senado presentada polo BNG/Grupo Mixto