O Centro e-Igualdad para o Desenvolvemento da Sociedade da Información con e para as Mulleres, é unha iniciativa subvencionada e apoiada dentro do Plan Avanza (“Avanza en Igualdade”) polo Ministerio de Industria e o Fondo Social Europeo, e foi promovida entre outros pola Universidade Complutense de Madrid, a Asociación e-Mujeres e Fundación Directa. Así o Colexio asume como seus os principios inspiradores do Centro e-igualdad que se poden resumir na “potenciación á incorporación e permanencia activa na Sociedade da Información das mulleres, en condicións de igualdade”. Cabe mencionar que, aínda que o número de mulleres está a superar ós dos homes na incorporación á Universidade, nembargante o número de mulleres en titulacións técnicas está a disminuir. Así nun recente estudo, publicado conxuntamente pola OGSI e Eganet, revela que existe unha presenza minoritaria (20%) de mulleres nas enxeñarías en informática e que tan só unha cuarta parte do persoal empregado nas empresas TIC son mulleres, desempeñando fundamentalmente labores administrativas (64%) Por elo, e entre outros proxectos orientados ó papel das mulleres nas TI, prestarase especial atención á situación das profesionais tituladas en enxeñarías en informática no estudo que se está a realizar entre os Colexios Profesionais de Enxeñarías en Informática de Galicia, OGSI e ACSUG.