O CPETIG SÚMASE AO PADROADO DA FUNDACIÓN DO CITIC

 

A Fundación CITIC de Galicia ten como obxectivo potenciar as actividades de investigación e transferencia na área das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións ao sector produtivo, para o que haberá unha maior implicación coas empresas do sector.

CITIC

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) é un centro tecnolóxico singular impulsado pola Universidade da Coruña, co fin de potenciar o avance e a excelencia na investigación, desenvolvemento e innovación nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e fomentar a transferencia de coñecemento e resultados á sociedade.

O CITIC é un punto de encontro entre a universidade e a empresa no que se combinan departamentos de I+D de empresas do sector TIC con investigadores procedentes do ámbito universitario. Na actualidade, no CITIC traballan en distintos proxectos de I+D máis de 250 investigadores dos sectores público e privado, constituíndo unha contorna mixta universidade-empresa que posibilita a colaboración e a transferencia de coñecemento.