Os contidos da xornada teñen a singularidade de mesturar unha sólida parte teórica cunha parte de exposición de casos prácticos. Victor Salgado centrará o seu relatorio na normativa procesal pericial e na normativa substantiva da pericia tecnolóxica, con referencia ao dereito informático, á propiedade intelectual e aos delitos tecnolóxicos, como a defraudación electrónica. Na segunda parte da xornada, José Luis Rivas abordará inicialmente a orixe da análise forense e rematará o seu relatorio con tres casos prácticos, o primeiro deles sobre un call center con software problemático, o segundo consistente nun ataque a un servidor dunha universidade e o terceriro caso sobre unha posible fuga de información nunha empresa por parte dun traballador.
Toda a información da xornada: lugar, horario, formadores e inscrición no seguinte enlace