Esta xornada encádrase no marco do convenio asinado entre o CPETIG e a Universitat Oberta de Catalunya para divulgar dous temas de actualidade no eido da informática.
Por una lado, presentarase o servizo CEPRAL, que lles permite aos profesionais do sector obter unha certificación da experiencia profesional, admitida ademais para o recoñecemento de créditos nos estudos universitarios de Informática.
As tres universidades galegas e a Universidade Oberta de Cataluña (UOC) outorgan xa este recoñecemento, grazas aos acordos que asinou o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia con estes catro centros docentes.
Por outra parte, realizarase un achegamento a un dos hypes máis importantes que se teñen desenvolto na última década: a gamificación.
Esta xornada será impartida polo doutor enxeñeiro e director do Programa de Enxeñaría Informática dos estudos de Enxeñaría Informática, Multimedia e Telecomunicación da UOC, Daniel Riera, e polo enxeñeiro técnico en Informática e presidente do CPETIG e do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría Técnica Informática, Marcos J. Mata.
Programa
O programa desta xornada comezará ás 16.00 horas co acto de presentación.
Ás 16.10 horas terá lugar o relatorio “O certificado de experiencia profesional CEPRAL, oportunidades do CEPRAL para estudantes. A Experiencia da UOC”.
Entre as 17.10 horas e as 17.20 horas, haberá unha rolda de preguntas e logo un pequeno descanso, para posteriormente pasar á exposición sobre “por que a gamificación precisa da informática?”
As inscricións nesta actividade realizaranse no Centro Demostrador TIC: cdtic.xunta.es