Esta iniciativa enmárcase nas actividades previstas no acordo de colaboración entre o CPETIG e a Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), asinado o pasado 2 de abril, e que pretende incorporar aos máis novos á programación informática con software libre, como é co caso da ferramenta Scratch. Conta tamén coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Promover o pensamento creativo
Scratch é unha ferramenta informática que permite aos usuarios programar historias interactivas, xogos e animacións, e compartilas en liña con outros membros da comunidade. Deseñada para nenos de idades entre os 8 e os 16 anos, axuda aos máis novos a aprender a pensar de xeito creativo, razoar sistematicamente, e traballar en colaboración coa comunidade.
Por iso, os obxectivos esenciais do curso son:
- Aprender a desenvolver aplicacións informáticas con Scratch
- Comprender a potencia do seu uso como ferramenta didáctica
- Coñecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con este software
- Desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en distintas etapas e disciplinas educativas.
Esta actividade formativa é de balde e celebrarase no Centro Demostrador TIC (CDTIC), en Santiago de Compostela, de 16.00 a 20.00 horas. Os colexiados do CPETIG poderán rexistrarse na web do CPETIG.
Formadores con 10 anos de experiencia
A formación será impartida por dous profesores cunha experiencia de máis de 10 anos. Jesús Moreno León é enxeñeiro técnico en Informática e mestrado en enxeñaría de sistemas telemáticos, con máis de 10 anos de experiencia docente como profesor de informática en secundaria e formación profesional. Actualmente traballa no Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado.
José Ignacio Huertas Fernández é enxeñeiro técnico en Informática e mestrado en enxeñaría de sistemas telemáticos. Conta con 10 anos de experiencia docente como profesor de informática en secundaria e formación profesional. Actualmente traballa no IES Polígono Sur de Sevilla.
O CPETIG, mediante estasactividades formativas, quere contribuír ao fomento e promoción de da sociedade da información e das tecnoloxías da información nos ámbitos da comunidade educativa, sobre todo, entre os máis novos.