O CPETIG no Comité Asesor do Graduado en Enxeñaría Informática

 

Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense

Este comité asesor está constituido por diferentes representantes de empresas, profesionais, mundo universitario e administración. O cpetig foi representado por Edgar Rodríguez.

Entrevista a Enrique Barreiro, director da ES Enxeñaría Informática de Ourense

Relacionado con este tema podes ler a entrevista a Enrique Barreiro, director da Escola Superior de Enxeñaría en Informática de Ourense, no Diario da Universidade Vigo. Nesta entrevista fala sobre o papel dos Colexios Profesionais e os retos que a Universidade e os novos e antigos titulados afrontan coa adaptación ao EEES.Aquí podes ler o extracto no que Enrique Barreiro fala sobre o papel dos colexios profesionais: (…) Recentemente foron creados os Colexios de Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos Informáticos, que supón para a profesión? É a nova máis importante en cuestión de enxeñaría informática deste ano. Somos unha enxeñaría atípica porque non temos atribucións profesionais por lei. Levamos moitos anos loitando para que os políticos e a sociedade en xeral se decaten de que se para facer un proxecto dunha ponte ten que ser enxeñeiro ou arquitecto e ninguén recorre a afeccionados, tamén desenvolver aplicacións informáticas e xestionalas precisa un profesional cos coñecementos e a preparación axeitados. O “erro informático” engloba todo tipo de catástrofes pero hai que ver que é exactamente e quen estaba ao cargo desa aplicación informática. Por outro lado, os enxeñeiros informáticos deberían ter unha responsabilidade civil porque deles depende non só moito diñeiro senón, ás veces, tamén vidas humanas. Os colexios profesionais nacen para isto, para reclamar unha responsabilidade civil que cubra as costas dos enxeñeiros ademais de para eliminar o intrusismo e reclamar as atribucións profesionais correspondentes. (…)