O CPETIG membro fundador do Clúster TIC

 

A Asamblea Constituinte contou coa presencia do titular da Consellería de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e de Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. O CPETIG foi representado pola Presidenta Leticia Diz e o Vicepresidente Rubén Cid.

O Clúster agrupa xa a 117 membros entre empresas, administracións públicas, asociacións e colexios profesionais. A presencia do CPETIG como membro fundador nesta agrupación forma parte dunha das liñas extratéxicas da Xunta de Goberno do Colexio para afianzar e facer presente, entre outros puntos, a voz dos seus colexiados neste foro único.

Máis información na web de sociedade da informacion, enlaces: un e dous.