O CPETIG elimina a cota de alta como colexiado

·         A medida acaba de ser aprobada en Xunta de Goberno

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, elimina a cota de alta como Colexiado, vixente ata agora.

A medida acaba de ser aprobada na recente Xunta de Goberno deste órgano que se celebrou o pasado fin de semana. A cota de alta que se suprime é de 40 euros.

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia lembra que mantén o resto de beneficios xa vixentes como a precolexiación gratuita para estudantes, o desconto do 50% da cota anual para novos titulados ou a exención de cotas para desempregados.

Dende o CPETIG se manifesta que a intención dos órganos de decisión é eliminar calquera tipo de barreira de entrada para moitos profesionais.