O curso, que se realizará os días 2 e 3 de abril, terá unha duración de 16 horas e será impartido polo enxeñeiro técnico informático Raúl Herranz, con máis de 15 anos de experiencia en desenvolvemento de software. Os asistentes que superen os exercicios finais de capacitación obterán unha certificación oficial de 150 puntos de autoridade, outorgada pola Scrum Manager.
A formación está dirixida a profesionais que participen na realización de proxectos, independentemente do rol que desempeñen neles (xefes de proxectos, analistas, deseñadores, programadores e usuarios).
Os obxectivos do curso son ensinar a través da práctica como traballar con Scrum e como adaptar os procesos actuais para lograr unha implantación realista e eficaz desta metodoloxía e das técnicas áxiles na súa organización. O modelo pedagóxico é totalmente dinámico e interactivo, baseado na práctica.
A formación ten un custo de 495 euros, aínda que os colexiados do Cpetig e os socios de Feuga teñen un desconto do 10%. No prezo inclúese a documentación e a certificación. As empresas tamén dispoñen dun plan de descontos a partir da terceira inscrición.
O curso inclúe:
- Material do alumno: libro de apuntes, fichas de actividades e exercicios, baralla para estimación de póker.
- Talleres e actividades:
- Taller de simulación de xestión de proxectos predictiva. Actividades: análise, descomposición e estimación, planificación e seguimento.
- Taller de xestión de proxectos áxil con Scrum: product Backlog, sprint Backlog, reunión de inicio de sprint, reunión diaria, reunión de peche de sprint.
- Exercicio de estimación de póker.
- Exercicios de xestión do coñecemento, explicitación e socialización.
- Probas e certificación oficial Scrum Manager (certificación de 150 Puntos de autoridade Scrum Manager)
Obxectivos
- Aprender e comprender:
- As razóns, fortalezas e debilidades dos modelos de procesos e prácticas da industria do software.
- A xestionar proxectos e equipos de programación cos criterios de procesos e axilidade máis axeitados ás características da súa empresa e do seu produto.
- As fortalezas e debilidades e criterios de decisión entre xestión predictiva e a xestión áxil.
- Os criterios e estratexias para a xestión áxil de organizacións, proxectos e equipos para desenvolvemento de software.
- Todos os compoñentes do modelo Scrum de forma práctica:
- Propietario de produto: responsabilidades, visión, plan de produto e product backlog.
- Responsabilidades e artefactos do equipo: estimación e métricas áxiles, pila do sprint (sprint backlog), gráfico de avance (burndown), lousas kanban.
- Responsabilidades e estratexias da organización na implantación e mellora dunha Scrum Management.