O CPETIG convoca un concurso de aplicacións informáticas para promover o pensamento creativo nos colexios

 

Durante o curso escolar, os alumnos en colaboración cos seus profesores de Tecnoloxía e de Informática poderán deseñar historias interactivas, xogos e animacións. Os traballos que se presenten serán avaliados por un xurado encargado de distinguir ás mellores ideas.

O concurso de deseño de aplicacións informáticas do CPETIG conta coa colaboración da Amtega e da Consellería de Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o apoio da Fundación Barrié de la Maza, Coremain, El Corte Inglés, Gadis e a asociación Programamos.

Programando con Scratch

Esta iniciativa dalle continuidade ós esforzos que se impulsan dende o CPETIG para fomentar as ensinanzas de programación informática, promover a formación de tecnoloxía informática nas aulas, difundir a importancia da informática no desenvolvemento sostible da sociedade da información e mellorar a confianza da sociedade nas ferramentas informáticas

Nesta liña, o CPETIG celebrou o pasado mes de abril un curso de formación de desenvolvemento de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch no que participaron máis de 35 profesores non universitarias de Tecnoloxía e Informática de toda Galicia, que foi impartido polos profesores Jesús Moreno León e José Ignacio Huertas Fernández, que contan con máis de 10 anos de experiencia neste eido.