· Que se celebrará na Fira de Barcelona do vindeiro 13 ao 15 de maio
· Hai descontos de máis do 50 por cento para os colexiados que decidan participar
Santiago, 29 de marzo do 2025.- O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, participará, coa categoría de embaixador, no vindeiro IOT Solutions World Congress 2025 que se celebrará na Fira de Barcelona do 13 ao 15 de maio.
O IOTSWC é o principal evento global centrado no poder transformador do IOT, a IA e a transformación dixital. Por este motivo, o Colexio Profesional de Enxeñaría ofrece aos colexiados entradas de tipo “Full Congress Pass” a un prezo de 225 euros coa aplicación de códigos desconto, cando o seu coste é de 495 euros. Tamén entradas gratuítas para certas zonas da exposición.
Este evento de tres días vai reunir a todo o ecosistema dos mellores compradores, influencers e persoas innovadoras nun mesmo lugar no que se vai poder explorar a transformación dixital, a innovación e a conectividade con líderes do sector.
Máis de 250 ponentes en 125 sesións darán vida a este Congreso Mundial no que se agardan uns 11.000 visitantes na área de exposición.