O Cpetig ven de renovar a colaboración con DES-Digital Enterpise Show 2026, organizadores do principal evento internacional B2B sobre IA e Tecnoloxías Exponenciais para a transformación empresarial e estratexias de crecemento de negocios.
Este congreso terá lugar en Málaga do 9 ao 11 de xuño, e nel vanse dar cita os principais expertos, empresas innovadoras e líderes do sector para compartir coñecementos, explorar solucións disruptivas e impulsar o cambio a través da tecnoloxía, a IA e a dixitalización.
