Alfonso Rueda, Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, foi o encargado da apertura da xornada, cun discurso no que destacou a importancia das medidas de protección e seguridade na administración electrónica xudicial. O acto contou tamén coa presenza de Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e Marcos Mata, presidente o Colexio Oficial de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG).
Con máis de 150 asistentes, esta xornada consolída un ano máis o papel co que naceu, como foro de debate entre informáticos e xuristas sobre a aplicación das TI á administración xudicial. A iso contribúe contar cada ano con ponentes de prestixio como, nesta edición, o abogado Jorge Campanillas; o inspector da Policía Científica Jorge Martín García; o representante do Centro Europeo contra o Cibercrime (EC3), Jaap Van Oss; ou o profesor Julián Valero-Torrijos. Tras o xantar, chegará o turno do maxistrado Eloy Velasco; o experto en seguridade informática Raúl Siles e o xa famoso responsable da conta de twitter da Policía Nacional, Carlos F. Guerra. O Big Data, a ciberseguridade e a ciberdefensa, a informática forense, o labor divulgativo policial e o escenario lexislativo e xurídico son algúns dos temas que se tratarán nesta edición, que ten lugar grazas á colaboración da Amtega e que agardamos que teña continuidade nunha quinta convocatoria o vindeiro ano.
Máis información na web da IV Xornada en Informática Xudicial.