O CPETIG, estivo dende un primeiro momento á par de empresas, asociacións e colexios profesionais do sector TIC galego, en prol da creación do Cluster TIC de Galicia, agardando que fose un instrumento centralizador e de coordinación dos distintos estamentos e intereses que conviven no sector.
Neste momento, e logo de agardar un tempo prudencial, coidamos que o Cluster TIC de Galicia non está a cumprir coas expectativas xeradas, nin lle aporta ningún valor significativo aos colexiados, e pola contra, si lles supón unha gran carga económica. A día de hoxe, dende o CPETIG, aínda non entendemos como un colexio profesional pode ter unha cota mensual de pertenza ao Cluster igual ca unha empresa cunha facturación de 10.000.000 €.
No mesmo escrito de baixa, expúxose que a XG do CPETIG reconsiderará a pertenza ao Cluster TIC de galicia, no momento en que non se estableza cota mensual de pertenza ao Cluster Tic para os colexios profesionais, ou ben dita cota sexa de carácter simbólico.