·A medida beneficiará aos colexiados que o soliciten e precisen mellorar a súa hipoteca actual ou busquen unha hipoteca nova
Santiago, 07 de abril do 2025.- O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, ven de asinar un convenio de colaboración con Gibobs Allbanks, que se encarga de mellorar hipotecas sen custo.
Este novo servizo axudará aos colexiados que o precisen a aforrar na súa hipoteca durante á vida do préstamo porque Gibobs negocia con 18 entidades bancarias para ofrecer as condicións máis vantaxosas adaptadas ao perfil do solicitante.
Este novo servizo que ofrece o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia é gratuíto e sen compromiso nin antes, nin durante, nin despois da negociación.