O CPETIG asinou un convenio de colaboración con VeriFactus, unha plataforma de facturación electrónica adaptada ao sistema VERI*FACTU da Axencia Tributaria. O obxectivo é facilitarlles aos colexiados e colexiadas o cumprimento das novas obrigas en materia de facturación.
Grazas a este acordo, as persoas colexiadas poderán usar a plataforma con condicións económicas exclusivas.
Podes coñecer a plataforma en verifactus.com e probala na conta de demostración, sen rexistro nin compromiso.
Que ofrece VeriFactus:
- Servizo 100 % online, sen instalacións nin licenzas por equipo.
- Xeración automática da pegada dixital encadeada (hash), o código QR e o rexistro de facturación, con remisión dos rexistros á AEAT.
- Facturas, clientes e produtos ilimitados, rexistro de gastos, informes para as declaracións trimestrais e exportación para a xestoría.
- Actualizacións normativas e soporte (correo e chat) incluídos, con servidores en España.
Os colexiados e colexiadas recibiron na súa conta @cpetig.gal un correo con toda a información sobre as condicións e o enlace de alta.